Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reabre o parque infantil do centro urbán de Malpica cunha renovada imaxe

A intervención incluíu o arranxo da pista deportiva e de varias placas de madeira, a reparación dos bambáns e unha limpeza xeral da área

Malpica. A rapazada malpicán xa ten dispoñible o parque infantil do casco urbán tras as obras de acondicionamento que se realizaron nas últimas semanas. Algúns dos traballos executados foron o arranxo e adecuación da pista deportiva, que se atopaba estegada polo uso e o paso do tempo, así como do pavimento da zona de xogo. A maiores, reparáronse os bambáns, varias placas de madeira e executouse unha limpeza xeral das instalacións.

O seu horario de uso será de 09:00 a 21:00 horas todos os días da semana. Dende o consistorio informan de que se incrementarán as tarefas de vixilancia para velar polo conservación do parque e as condicións de seguridade para as persoas usuarias.

“As nenas e nenos de Malpica poderán desfrutar de novo dun parque en óptimas condicións”, destacan. Neste sentido, solicitan a colaboración da veciñanza para “conservar estas instalacións en bo estado durante moito tempo”.

19 may 2021 / 21:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.