Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reforzo para garantir o subministro na Laracha

Bergantiños. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, asinaron o convenio para a mellora da rede de abastecemento do municipio, cun investimento de 1,8 millóns de euros. O acordo recolle a execución, nesta primeira fase, das infraestruturas hidráulicas prioritarias para facer fronte á demanda de auga no municipio en época estival e dar servizo no futuro ao parque empresarial.

A Xunta confinanciará a actuación nun 80%, coa achega de 1.480.000 euros, e o Concello aportará o 20% e porá á disposición os terreos para levar a cabo as actuacións. O abastecemento larachés presenta importantes déficits derivados, fundamentalmente, da falta de presión de auga nalgunhas zonas e da falta de capacidade de almacenamento para facer fronte ás demandas en época estival. Ademais, no futuro, desde a estación abastecerase ao parque empresarial da Laracha, o que fai que a actual infraestrutura hidráulica precise dunha ampliación.

Deste xeito, as actuacións obxecto do convenio concéntranse, nesta primeira fase, na ampliación da estación de tratamento de auga potable, na construción dun novo bombeo e dun novo depósito de auga potable, que mellore o funcionamento da rede de abastecemento deste concello. Con esta intervención a poboación servida no ano horizonte 2034 estímase en 8.559 habitantes.

21 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.