Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reservan o sesenta e cinco por cento de axudas Leader para plans productivos

COSTA DA MORTE. A xunta directiva da Asociación Costa da Morte GDR, que preside Manuel Muíño, acordou por unanimidade reservar o 65 % das axudas Leader da convocatoria 2021-2022 para proxectos produtivos, e o 35 % restante para iniciativas non produtivas. Neste caso, o 25 % adicarase a propostas de concellos e o 10 % ás das asociacións. En canto a cifras, aseguran que haberá que agardar a que se publiquen no Diario Oficial de Galicia “os fondos exactos que hai para cada GDR”. Saben que hai 13 millóns para toda Galicia, dos cales un 40 % serán para investir na anualidade 2021 e o resto en 2022.

A asociación tamén aprobou catro proxectos de promoción, que inclúen unha campaña de difusión das axudas, unhas xornadas en liña, a consolidación da marca Terra Atlántica e un mapa interactivo. J. M. rAMOS

27 abr 2021 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.