Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Respaldo á formación para o emprego que se ofrece no Fórum de Carballo

O Concello ten solicitados á Xunta de Galicia dous novos obradoiros cos que se pretende especializar a un total de trinta e dúas persoas

Carballo. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, visitou, acompañada polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, as dependencias do Fórum, un complexo municipal que traballa na formación e a dinamización do emprego.

Destacou o seu papel referente na prestación de servizos á veciñanza ao desenvolver unha das prioridades da Administración galega, “a de facilitar a formación da poboación na busca activa de emprego”. “O proxecto Fórum Carballo integra todas as pezas do armazón que compón a xestión das accións formativas e a posta en marcha dos seus recursos nun único espazo”, recalcou Lado.

A Xunta de feito vén de desenvolver un obradoiro de garantía xuvenil focalizado na poboación máis nova, e que rematou en marzo de 2020, sobre carpintaría da musealización do edificio Museo de Bergantiños. Contou con 12 participantes e unha inversión de máis de 135.000 €.

Zeltia Lado lembrou que o Goberno galego está a tramitar outras dúas solicitudes presentadas polo Concello de Carballo para a presente convocatoria 2021-2022: o obradoiro de Garantía Xuvenil Carballo entre fogóns, dirixido a 12 persoas e o obradoiro dual Carballo coida para 20 alumnos.

A directora xeral lembrou que o actual contexto socioeconómico esixe dar respostas a milleiros de galegos están a sufrir a pandemia. Neste sentido avogou pola necesidade de reforzar a dirección, a orientación e a formación para o emprego “cara as ocupacións profesionais nos sectores máis competitivos e en crecemento, e así construír a mellor Galicia posible para vivir e para traballar, adaptándose aos cambios que necesita o mercado laboral”.

Desde a Xunta, a través do novo Plan Galego de Formación 2021, dotado con 66 millóns de euros, “seguirá a impulsarse a formación dual e flexible, axustada ás necesidades do tecido produtivo e ao cambiante mercado laboral, no que tamén se inclúen, por exemplo, axudas para novas Unidades Formativas nas Empresas”, comprometeu a directora xeral.

Zeltia Lado ofreceu ao alcalde carballés camiñar xuntos “porque a formación vai a ser uns dos piares da recuperación económica do mundo, de España, pero tamén de Galicia, e temos que desenvolver políticas públicas en favor da reactivación do emprego para reciclar ás persoas que foron expulsadas á forza e como consecuencia do COVID do mercado laboral”; sen esquecer, tal e como matizou, ás persoas traballadoras “que aínda estando en situación laboral activa, desenvolvan especialidades en condicións cambiantes”, así como aos mozos e mozas. “A cualificación permítelle á persoa elixir, comprender e adaptarse a un mercado laboral cada vez máis competitivo e global”, concluíu a representante da Xunta.

07 abr 2021 / 17:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.