Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Restauran o barco exposto en Laxe

LAXE. O Concello está restaurando unha embarcación de baixura ubicada nun dos accesos á vila. O proxecto, denominado Posta en valor e musealización da carpintería de ribeira e dos diferentes tipos de embarcacións de pesca do concello de Laxe, conta cun orzamento de 18.131,85 €. O 85% é financiado polo GALP Costa da Morte.

Dito barco, de 18 metros de eslora, atópase nunha parcela de titularidade municipal que está destinada a merendeiro e zona de ocio. Sen embargo, o paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas provocaron o rápido podrecemento da nave, un problema que tamén se estende á veciñanza e turistas que se achegan ata a zona ao ver diminuída a súa seguridade.

No plan de actuacións contémplase a recuperación da estrutura de madeira deixando á vista as cuadernas, quilla, a roda e o codaste, ademais de tratar a madeira e suxeitar os barraganetes existentes. As tarefas para acometer estas intervencións realízanse in situ, ao igual que sucederá coa colación dunhas letras de madeira co topónimo do pobo.

Por outra banda, procederase á colocación de dous paneis informativos realizados en madeira de pino vello tratado, con pilares de madeira de 90x90 cm e impresión sobre soporte de aluminio con parafusos en aceiro galvanizado. Para a realización dos mesmos empregarase material do arquivo fotográfico Vidal que reflicta o oficio e as embarcacións tradicionais co fin de poñer en valor o patrimonio cultural da zona.

Todas estas tarefas deberán estar rematadas antes de que finalice o mes de outubro. Desde o Concello móstranse convencidos de que os traballos de restauración “superarán as expectativas e, sobre todo, permitirán que recuperemos un elemento ornamental que forma parte da nosa esencia como vila mariñeira”.

09 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.