Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Retirada de plumachos na Laracha para evitar a súa expansión

As brigadas medioambientais municipais están a realizar intervencións en espazos públicos // Tamén levarán a cabo estas tarefas en parcelas privadas coa autorización dos seus propietarios

A Laracha. O Concello da Laracha está a actuar na erradicación dos plumachos –tamén coñecidos como herba da Pampa, sendo o seu nome científico cortaderia selloana-.

Esta especie botánica invasora procedente de Sudamérica e que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega non ten unha presenza elevada no termo municipal da Laracha, pero as brigadas medioambietais municipais xa están traballando na eliminación das matas desta planta detectadas en espazos de dominio público co obxectivo de eliminar a súa expansión.

Nos últimos días os traballos centráronse na parroquia de Caión, especialmente na zona do miradoiro do Campo da Costa.

A colaboración cidadá é esencial nesta iniciativa. Se calquera particular detecta plumachos en algún punto de dominio público do termo municipal, pode comunicalo ao Concello para proceder á súa retirada. Os mesmos traballos serán realizados de xeito gratuíto nos terreos particulares daqueles propietarios que así o soliciten.

09 nov 2020 / 10:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.