Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Retiran os salarios e as competencias ao goberno pontecesán

A oposición fixo valer a súa maioría // Botaron abaixo, por terceira vez, o pago a proveedores

A oposición de Ponteceso, co apoio dos cinco edís díscolos do PSOE, deixou moi limitada a capacidade de actuación do goberno que preside Lois García, ao retirarlle a dedicación exclusiva ás dúas concelleiras socialistas que seguen a apoiar o rexedor e, ademais, revogaron todas as delegacións outorgadas polo pleno ao alcalde e á Xunta de Goberno Local.

Ambas propostas foron feitas polo grupo de Apin, e contaron con apoio dos cinco concelleiros que o PSOE xa apartou do partido. O alcalde, Lois García, agradeceu que, alomenos, o PP “non participe desta pantonima de retirar as dedicacións para que non haxa ningún membro do goberno no concello”.

Anunciou ademais que recurrirán xudicialmente o acordo porque asegura que “existe moita xurisprudencia e sentencias ao respecto”. Criticou tamén ao portavoz de Apin por apoiarse “nunhas persoas que son famosas en toda Galicia por pedir cartos antes dun pleno ao alcalde, e que agora utilizan as súas actas para unirse a Apin, un partido que non ten forza para presentar nin sacar nada adiante”.

A oposición, esta vez en bloque, fixo valer tamén a súa ampla maioría para rexeitar, por terceira vez, os recoñecementos extraxudiciais de crédito por valor de algo máis de 300.000 euros para poder pagar facturas aos proveedores. Volveron a insistir en que se chegou a esta situación pola “mala xestión” do alcalde, quen, a pesar de pedirlles “un pouco de empatía cos autónomos e profesionais que fixeron os traballos e que precisan cobrar o que teñen pendente”, non conseguiu facer cambiar o sentido do voto de PP, Apin e tampouco dos cincos concelleiros díscolos.

Lois García, non obstante, anunciou que tanto el como as dúas concelleiras “seguiremos traballando para os veciños e veciñas de Ponteceso”, e asegurou que os proveedores “van cobrar, pois adicaremos os fondos do plan de Obras da Deputación para pagar as facturas”. Eso sí, recoñeceu, que non se lles poderá pagar ata a primavera ou o verán de 2021.

A única proposta da oposición que non saíu adiante foi a de rebaixar o IBI urbano e rústico ao 0,4%, xa que o Concello está inmerso nun plan de axuste económico e é necesario xustificar con qué partidas se cubriría a reducción deses ingresos.

22 dic 2020 / 18:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.