Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Retómase o tráfico rodado na rúa Igrexa de Malpica tras obras de humanización

As reformas buscan eliminar o exceso de tránsito de vehículos e incrementar a seguridade dos peóns

Malpica. Finalizadas as obras de humanización na rúa Igrexa, o Concello de Malpica acaba de restablecer a súa circulación para o tráfico rodado. Deste xeito, queda habilitado un carril en dirección única para que os vehículos poidan acceder tanto á Praza Fonte Vella como á rúa Camiño do Río.

O orzamento total da intervención ronda os 85.500 euros. Segundo informan dende o consistorio, este proxecto ten o propósito de darlle continuidade ao labor de humanización do centro urbano da vila, dentro dun plan integral que busca eliminar o exceso de tránsito de vehículos e incrementar a seguridade do viandante.

Entre os traballos realizados está a renovación total da calzada, a retirada do antigo mobiliario urbano e a instalación dunha nova rede separativa de saneamento e de abastecemento de auga.

O goberno local destacou a importancia dos traballos “para asegurar as condicións de todas as persoas que atravesan diariamente a zona a pé”. Así, “o peón pasa a ser o protagonista e seguimos intentando reducir pouco a pouco o uso de vehículos no centro urbano”, comentaron.

18 may 2021 / 18:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.