Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 22 enero 2021
02:00
h

Rifirrafe entre o alcalde malpicán e párroco local

MALPICA. As relacións entre o párroco de Malpica, Aquilino Fernández, e os membros do goberno local seguen a ser tensas, e este domingo, coincidindo coa misa na honra ao patrón da localidade, San Xulián, o alcalde, Walter Pardo, tivo que abandonar o asiento que ocupaba no altar, logo de que así llo pedise o sacerdote. Este asegura que a súa petición veu motivada “porque eu non convidei a ningún político para que presidise o acto, simplemente”. Quixo deixar claro que non ten “nada en contra do alcalde, e en ningún momento expulsei a ninguén como se dixo nalgún medio”. Entende que a súa petición poida xerar debate “ao respecto de si foi ou non oportuna, pero nada máis, pois nada máis sucedeu, nin houbo discusión algunha”. Lamenta que se esté a dar eco a este tipo de situacións que califica de “tonterías” e que, pola contra, “non se diga nada das obras realizadas na reitoral e na igrexa, onde investimos este ano 130.000 euros”. M. L.

12 ene 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito