Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 24 septiembre 2022
19:01
h

Rouban parte do peche do parque canino carballés da Braña

CARBALLO. O Concello de Carballo vén de presentar denuncia na Garda Civil polo roubo de gran parte do peche metálico do parque canino da Braña, que está a servizo da cidadanía dende hai dous meses. En total desapareceron 21 pranchas metálicas que estaban situadas entre os postes de madeira. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, achegáronse para comprobar o alcance dos danos, que xa están a ser reparados dende que se tivo coñecemento do suceso, a primeira hora da mañá deste venres, pola brigada municipal de obras. O valor do roubado acada os 1.059 euros, sen contar a man de obra.

O parque canino, que ten unha superficie de 690 metros cadrados, construíuse este verán. As obras consistiron na construción dun valado formado por postes de madeira e tela metálica, cun perímetro de 115 metros e unha altura de 1,50 metros. A instalación está dotada tamén cunha fonte de auga deseñada para que poidan beber os cans, papeleiras, bancos e zonas de xogo e adestramento. O investimento foi de 23.472,21 €.

Dende o Concello lamentan os feitos, “que se suman a unha serie de actos vandálicos que se veñen cometendo nas últimas semanas noutras instalacións municipais, e apelamos á colaboración da cidadanía para intentar identificar ás persoas autoras dos mesmos". M. L.

24 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.