Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 30 noviembre 2022
02:00
h

Sabor a mar nas tapas que serven catorce locais de hostalaría de Malpica

Poderán degustarse toda a fin de semana por 2 euros // Polbo, ameixas e salpicón son algunhas das propostas // A ruta gastronómica está amenizada con actuacións musicais

A sexta edición de Malpica sabe a mar convértese esta fin de semana nun punto de encontro entre hostalaría, pesca e olaría. Catorces locais servirán tapas a 2 euros, elaboradas con polbo, ameixas, salpicón e máis productos do mar, empratadas en pezas elaboradas polos oleiros de Buño. Por cada consumición entregase un rasca co que se opta a recibir premios directos.

A xornada inaugural do venres contou con actuacións de gaiteiros e na xornada deste sábado soará música de charanga e pola noite a dun DJ. A festa continuará o domingo. O sábado serviranse tapas de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 23.00 horas. E, o domingo desde as 12.00 ata ás 14.00 horas.

Pódense degustar nos seguintes locais: A Taberna do Lesto, Bar Arcos, Bar Dársena, Bar O Pescador, Café Bar Humbolt, Café Bar Ibarra, Café Bar Pepucho, Café del Mar, Cafetería JB, Cafetería Santiago Apóstol, Larada Bar, O Cornecho de Tano, Restaurante O Burato e o Restaurante San Francisco.

14 may 2022 / 10:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.