Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sacan a subasta un punto de venda ambulante na área de Gabenlle

O Concello da Laracha publicará a próxima semana as bases que rexerán o procedemento

A área recreativa de Gabenlle é un dos principais puntos de referencia turística no Concello larachés. Situada moi próxima ao núcleo urbano da Laracha, este espazo de esparexemento xunto ao río Anllóns dispón dunha ampla cobertura en equipamentos e servizos –parques infantís, parque biosaudable, espazos abertos, grellas, mesas, aseos, etc.- para gozar dunha xornada de lecer en familia ou con amigos nun entorno natural.

Debido á afluencia de persoas que acoden, especialmente durante o verán, o Concello considera de interese para os usuarios autorizar a instalación dun vehículo de venda ambulante nese entorno. Na próxima semana publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases que rexerán o procedemento, que irá dirixido exclusivamente a persoas físicas ou xurídicas que se atopen legalmente constituídas para exercer a actividade de venda ambulante. Trala publicación, o prazo para a presentación de ofertas será de 30 días. O único criterio obxectivo de valoración será o prezo ofertado, sendo o mínimo de 500 euros anuais.

Segundo se estipulan nas bases, o vehículo poderá vender unicamente xeados, refrescos, lambetadas, froitos secos, bocadillos ou similares. Terá autorización para situarse xunto á entrada principal da área recreativa durante a época estival entre as 10:00 e as 22:00 horas, sendo a concesión ata o ano 2024. Ao remate de cada xornada deberá ser retirado da vía pública.

04 jun 2021 / 19:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.