Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 30 enero 2023
19:11
h

Salvagarda da historia e o patrimonio de Laxe desde o Museo do Mar

Bergantiños. O Concello de Laxe continúa apoiando e colaborando co Museo do Mar a través dunha axuda de 7.000 euros destinada ao Proxecto de actualización e salvagarda da colección permanente do Museo do Mar de Laxe. Dese total, o 80 % foron sufragados pola Consellería de Cultura. O obxectivo deste programa foi dobre: difundir e salvagardar todo o material e patrimonio gráfico do museo, especialmente os negativos do Fondo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa e do Arquivo Fotográfico Vidal (imaxes, estas últimas, declaradas Ben de Interese Cultural de Galicia); e darlle maior visibilidade

Con esta axuda o Museo de Laxe comprou elementos de almacenaxe e paneis informativos para mostrar a documentación visual.

Desde o Concello móstranse moi satisfeitos con “todo o traballo realizado polo Museo xa que loita por manter viva a historia de Laxe en particular pero, tamén de xeito xeral, a de toda a Costa da Morte”. M. L.

24 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.