Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Segue crecendo a rede de centros sociais no concello de Carballo

Finalizaron as obras de reforma da antiga escola unitaria de Aldemunde e en meses anteriores construíronse locais en Bértoa e Lema // A única parroquia que carece deste equipamento é a de Goiáns aínda que xa está aprobada a edificación

Carballo. A rede municipal de centros sociais segue estendéndose polo territorio unha vez finalizadas as obras de reforma da antiga escola unitaria de Aldemunde. O edificio, que estará a disposición da veciñanza tan pronto como a situación sanitaria o permita, ten novo tellado e ventás, aseo adaptado, está pintado por dentro e por fóra e conta co mobiliario imprescindible para ser utilizado. O investimento da reforma acadou os 25.865,15 euros, que se suman aos 100.000 que destinamos ao acondicionamento da praza e a mellora da accesibilidade ao edificio.

O obxectivo do Concello de Carballo é que a rede de centros sociais chegue a todas as parroquias. A única que carece dun equipamento deste tipo nestes momentos é a de Goiáns, pero xa está aprobada de maneira definitiva a modificación urbanística do ámbito no que será construído e o próximo paso será a redacción do proxecto, consensuado co movemento asociativo da parroquia.

OBRAS REALIZADAS ESTE ANO. Este ano remataron tamén as obras dos centros sociais de Bértoa e Lema, nas que se realizou un investimento próximo aos 600.000 euros, e que, por mor da crise sanitaria, están tamén pendentes de apertura. En Bértoa construiuse un inmoble de nova planta nunha parcela de 5.882 metros cadrados situada xunto á zona verde do parque empresarial de Bértoa. O edificio, de 530 metros cadrados, consta de dous volumes construídos baixo unha mesma cuberta. Nun deles sitúase un auditorio de 107,8 metros cadrados, ademais de almacéns, aseo e hall. No outro, destinado á actividade diaria, hai unha aula de informática, un salón social, unha oficina, aseos e hall. No exterior destacan a zona de barbacoa e o patio, así como o axardinamento que vimos de realizar.

En Lema aproveitouse a estrutura da antiga escola para facer un edificio practicamente novo. O centro social ten unha superficie en planta baixa de 148,80 metros cadrados útiles, con zona de cociña e barra, un despacho, dous aseos, un salón de 80 metros cadrados e un almacén. Tamén se conservou parte do soportal actual. A distribución interior cambiou por completo, actuouse en todas as fachadas exteriores, e na cuberta, ademais de renovar ventás e portas. Ademais acometeuse a urbanización de toda a parcela, que conta cunha zona de aparcamento e un parque con xogos infantís e biosaudables.

02 nov 2020 / 19:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.