Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Segunda pista polideportiva ao carón do IES Agra de Leborís da Laracha

A Laracha. O Concello larachés segue adiante co Plan especial de equipamentos educativos que se está a acometer na parte posterior do IES Agra de Leborís, creando neste espazo un novo punto de referencia para a práctica libre de actividades deportivas na capital municipal, pensando especialmente no público infantil e xuvenil.

Nestes momentos están en marcha as obras de creación da pista polideportiva descuberta. Terá unhas dimensións de 42x25 metros máis dous metros de seguridade. Marcarase lonxitudinalmente unha pista de fútbol sala de medidas regulamentarias e, transversalmente, dúas pistas de baloncesto. Contará con iluminación en báculos, valado perimetral de malla e o correspondente equipamento deportivo.

O alcalde, José Manuel López, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, acudiron ao lugar das actuacións para interesarse polo estado de execución do proxecto, valorado en 98.000 euros. Xunto a esta pista que se está a crear xa está operativa outra pista multideportiva. Ambos equipamentos municipais serán complementarios entre si ao presentar unhas características distintas e estar equipados para adaptar o seu uso ós diferentes grupos de idade.

Neste ámbito a carón do IES Agra de Leborís o Concello da Laracha tamén ten prevista a creación dun parque de patinaxe, proxecto que se sacará a licitación en próximas datas. M. LAVANDEIRA

24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.