Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Senda Nova guía aos sendeiristas pola costa agreste de Malpica

Malpica. Este domingo, 21 de maio, a Asociación Senda Nova guiará aos camiñantes da XII Primavera en Ruta polas parroquias malpicás de Cerqueda e Cambre. Un traxecto de 14 quilómetros cunha dificultade baixa

e que garda o nome de Segredos xeolóxicos dende a caprichosa paisaxe malpicá. Haberá, como de costume, servizo de autobuses para trasladar aos sendeiristas ata o punto de partida, os cales sairán ás 9.00 horas desde as casas do concello da Laracha e Coristanco, e ás 9.15 horas da rúa Venezuela, de Carballo.

A xornada consistirá nunha percorrido con diversas paradas en puntos de interese paisaxístico e patrimonial ao longo do traxecto. Este é o quinto roteiro deste ano e ten como obxectivos promover o coñecemento e a posta en valor da contorna. As primeiras rutas levaron aos camiñantes por terras de Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños. Logo de atravesar Malpica, nos vindeiros domingos desprazaranse ata Trazo, A Laracha e Zas.

Dende a organización lembran o importante que é ser puntuais e recomendan levar roupa e calzado axeitado (a poder ser con membrana impermeable), gorra e protección solar. Ademais os participantes deberán usar máscara e respectar as indicacións dos guías. Camiñarán en grupos para poder manter as distancias de seguridade e reporán forzas a base de bocadillos durante a ruta. “Chegaremos cando rematemos, porque o tempo é de balde e nós utilizámolo para parar e aprender”, afirman. M. LAVANDEIRA

22 may 2021 / 18:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.