Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Senda Nova guiará unha visita ó esteiro do Anllóns no Día das Zonas Húmidas

Os participantes irán acompañados polo prestixioso ornitólogo José Luis Rabuñal

Cabana. A asociación ambiental Senda Nova volverá ao esteiro do Anllóns para conmemorar o Día Internacional das Zonas Húmidas. Será o día 2 de febreiro e con esta iniciativa pretende sensibilizar e poñer en valor estes espazos naturais “que levan sufrindo importantes regresións dende hai décadas”, afirman dende o colectivo.

Na excursión participarán os rapaces e rapazas da Escola Ambiental de Senda Nova, que a entidade promove coa colaboración do Concello de Carballo. Sumaranse tamén socios e socias da entidade e persoas interesadas.

Ao igual que en edicións anteriores, no encontro participará o ornitólogo José Luís Rabuñal Patiño, que leva décadas de traballo no esteiro do Anllóns, con máis de 5.000 visitas documentadas e infinidade de especies avistadas nun dos lugares máis importantes de Galicia para o avistamento da avifauna.

Aquelas persoas que desexen acompañar á comitiva da asociación ambienal deberán poñerse en contacto coa mesma a través do número de teléfono 611 037 617 ou enviando un email a sendanova@hotmail.com, onde lles indicarán os pasos para formalizar a inscrición.

A actividade é de balde ata completar prazas. Partirá de Carballo ás 10.00 horas e rematará ás 13.30 h. REDACCIÓN

01 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.