Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sentido único para a rúa Silverio Moreda Alvariño da Laracha

O proxecto de transformación contempla ademais melloras nas beirarrúas, accesibilidade e alumeado público

A rúa Silverio Moreda Alvariño, situada no núcleo urbano da Laracha, enlaza dúas vías vertebradoras das comunicacións rodadas como son a Avenida Fisterra (estrada AC-552) e a Avenida de Caión (estrada DP-1913) e actualmente está permitido o dobre sentido de circulación e existen tanto beirarrúas como zonas de aparcamento gratuíto de vehículos a ambas marxes. O Concello, consciente das dificultades que iso implica para a circulación, promove un proxecto que transformará esta céntrica rúa.

A actuación está valorada en 85.500 euros e será executada pola construtora carballesa Vázquez y Reino. O alcalde, José Manuel López, e o responsable da empresa Diego Vázquez, formalizaron o contrato como trámite administrativo previo ao inminente inicio das obras.

Así, na rúa Silverio Moreda Alvariño será establecido o sentido único con entrada pola Avenida Fisterra e saída pola Avenida de Caión, xunto á igrexa parroquial da capital municipal. O proxecto da obra contempla a ampliación das beirarrúas, melloras na accesibilidade e na iluminación pública e a completa sinalización horizontal e vertical en toda a rúa.

Con esta intervención “aumentarase a seguridade viaria tanto para os vehículos para os peóns ao facilitarse a circulación e conservaranse as prazas de estacionamento a ambas marxes da calzada en beneficio tanto das persoas residentes como dos establecementos comerciais situados nesta zona”, afirma o rexedor.

16 sep 2021 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.