Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Servizo de apoio á conciliación no verán para as familias do municipio larachés

A Laracha. O Concello da Laracha abrirá este mércores 18 a inscrición no servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestará a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o verán, desde o remate do actual curso escolar e ata o comezo do próximo, en setembro.

O servizo estará en funcionamento de luns a venres en horario de 08.00 a 14.00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo e vai dirixido a todas as crianzas de entre tres e doce anos de idade que estean empadroadas no termo municipal.

Ofreceranse dúas modalidades, con ou sen almorzo (servirase de 08.00 a 09.00 horas), segundo as necesidades de conciliación de cada usuario. En todo caso incluiranse a acollida, coidado, vixilancia e actividades educativas e lúdicas por parte de profesionais especializados.

Tamén poderá solicitarse o servizo de conciliación fixo para todos os días ou ben de maneira puntual en xornadas soltas ou en determinadas horas. As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas que xustifiquen a necesidade da conciliación. A preinscrición pode formalizarse ata o día 15 de xuño. M. L.

18 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.