Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitan a retirada dos proxectos eólicos Alto de Torreiro e Bustelo

Cinco colectivos din que se trata dun único plan industrial que a promotora fragmentou

Cabana. As asociacións Petón do Lobo, Cova Crea, Ouriol do Anllóns, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e Río Lourido de Valenza solicitan a “retirada inmediata” dos proxectos eólicos Alto do Torreiro e Bustelo-Baralláns, previstos concellos de Cabana e Coristanco, porque aseguran que “non deixan de ser un corta e pega un do outro, e son na realidade un único proxecto industrial que a empresa promotora presenta fragmentado”.

Acusan á Consellería de Industria de “amparar a tramitación fraudulenta destes parques eólicos”. A este respecto, sinalan que a fragmentación se fai para “eludir a tramitación ministerial ao exceder dos 50 MW de potencia instalada no seu conxunto”.

Aseguran que ambos proxectos comparten a misma liña de evacuación para o conxunto de aeroxeradores ata a Set Bustelo - Baralláns, “que tamén comparten”.

Por outra banda, din que o proxecto afecta “de cheo á Área de Especial Interés Paisaxístico Val fluvial do Lourido” e a unha importante área forestal. A maiores destacan que os aeroxeradores, de preto de 200 metros de altura, “localizaríanse a distancias incompatibles coa vida normal das familias nos núcleos de Bello, Teixedo, A Pedra, Regoseco, Paradoa, A Avieira, A Penela, Baneira, As Lamas, A Braña e O Castro. M. L.

05 mar 2021 / 18:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.