Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitarán un novo programa integrado de emprego para A Laracha

Formarán a cen persoas en especialidades que teñen gran demanda
de profesionais na zona

A Laracha. A Xunta de Goberno Local da Laracha acordou presentar á Xunta un novo proxecto de programa integrado de emprego ao abeiro da convocatoria de subvencións da Consellería de Emprego e Igualdade.

Despois das boas experiencias dos últimos anos, o Concello aspira a realizar este novo programa dirixido a un máximo de cen persoas en situación de desemprego que serían informadas, orientadas e asesoradas na busca de emprego con entrevistas individualizadas e, a continuación, recibirían formación transversal en diversas materias e específica en especialidades concretas con demanda de profesionais cualificados nos sectores hostaleiro, loxístico e das novas tecnoloxías. Por último, realizaríanse prácticas profesionais non laborais en empresas.

Este programa foi deseñado coa pretensión de aproveitar as oportunidades laborais que ofrece A Laracha e o seu entorno en sectores con crecente demanda de perfil profesionais. As accións formativas serían orientadas cara eses ámbitos, acompañando aos participantes nos seus itinerarios individualizados para aumentar as súas capacidades. O obxectivo sería acadar unha inserción laboral dun mínimo do 37 por cento.

O goberno larachés tamén decidiu que o Concello concorrerá á convocatoria de axudas da Consellería de Política Social para o financiamento dun novidoso programa dirixido a activar e implantar o voluntariado sénior no municipio. A iniciativa iría dirixida a maiores de 55 anos de idade, ás que se lles ofrecería a posibilidade de colaborar con diferentes iniciativas en beneficio de diferentes colectivos de poboación vulnerable ou en risco de exclusión. O proxecto encerra un gran potencial en materia de axuda mutua, xa que posibilitaría lograr unha maior implicación e integración na comunidade dos voluntarios.

17 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.