Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solidariedade e hábitos saudables no CEIP de Caión

Sesenta e cinco nenos e nenas, xunto co seu profesorado, participaron este venres nunha carreira a prol do banco de alimentos Balrial

As rúas da vila de Caión (A Laracha) acolleron este venres a I Carreira Solidaria a prol do banco de alimentos Balrial, na que participaron os sesenta e cinco nenos e nenas do colexio local, xunto co seu profesorado.

O director do centro, José Roca, asegura que gozaron dunha xornada “enriquecedora e diferente que, de seguro, será lembrada polo alumnado e as familias asistentes coma público”. Agradece ao Concello da Laracha a súa colaboración facilitando as vallas que permitiron facer o percorrido ao redor do coleixo de xeito seguro.

A iniciativa enmárcase nun proxecto que, dende a biblioteca escolar, involucra a todo o alumnado en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. No mes de xaneiro traballaron sobre os obxectivos fame e saúde e benestar. Con tal fin puxeron en marcha unha recolecta de alimentos en favor do banco de alimentos, para o cal recompilaron máis de 166 quilos.

Todos os escolares colaboraron e eso deulles dereito a participar na carreira solidaria que, ademais tiña tamén como obxectivo “facer que o noso alumnado teña un estilo de vida máis activa, co exercicio físico, e saudable, coa froita que se lle repartiu ao finalizar a mesma”, indicou o director.

05 mar 2021 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.