Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sufocan un lume nunha empresa de madeira situada na parroquia carballesa de Sofán

Non houbo que lamentar danos persoais e unicamente arderon unhas táboas e serraduras acumuladas debaixo dunha máquina // As lapas afectaron a dúas vigas do teito

Un lume nunha fábrica de madeiras en Sofán (Carballo) obrigou a intervir aos Bombeiros de Carballo. Por fortuna, as lapas non se propagaron polas instalacións e unicamente arderon unhas táboas e serraduras que había acumuladas, véndose afectadas dúas vigas do teito.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia, pasadas as 2.10 horas da madrugada, informando de que estaba a ver lume dentro dunha fábrica de madeira situada no Tarambollo, na parroquia de Sofán (Carballo). Pouco despois, o mesmo alertador indicaba que os axentes da Policía Local estaban no lugar e que, aínda que había lume, parecía que perdera boa parte da súa intensidade inicial.

Desde o 112 solicitouse a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de xeito preventivo, da Garda Civil e dos Bombeiros, da Policía Local e de Protección Civil de Carballo.

Sobre as 2.45 horas, os Bombeiros de Carballo comunicaban que o incendio estaba controlado e descartaban que tivesen que intervir máis servizos de emerxencias. Así, finalmente arderon unhas táboas de madeira e as serraduras acumuladas debaixo dunha máquina.

02 dic 2022 / 09:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.