Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 28 septiembre 2022
11:10
h
O Concello de Coristanco inaugurou onte a mostra da cabanesa // Refléxase a súa estratexia para soportar a doenza que padece dende fai catorce anos // Comezou a pintar nos primeiros meses de pandemia con laca de uñas ata que pasou á pintura acrílica

Talento e arte para conmemorar o Párkinson a través da exposición de Carmen Méndez

Este domingo 11 de abril conmemorouse o Día Mundial do Párkinson e dende o Concello de Coristanco inaugurouse a exposición de Carmen Méndez, veciña de Cabana de Bergantiños e que padece o síndrome dende fai catorce anos. Defínese a mostra como “unha viaxe interior que inmortaliza a realidade dunha persoa que padece esta enfermidade”. Coa pandemia Carmen descubriu un don que descoñecía: a pintura. “Un día de bruma, estaba aburrida e decidín pedirle tella a meu pai para pintar”, comenta ela. Tamén se aproveitou días despois dunhas pinturas en lata que atopou no seu garaxe que eran para carruaxes e portais. Comezou facéndoo con laca de uñas ata que co paso dos meses pasou a utilizar pintura acrícilica. Ademais nun determinado momento acudiu a unha fábrica de madeira cercana dende onde lle facilitaron trozos da mesma para desenvolver a súa labor. Considérase unha gran apasionada dos animais e deste xeito son os protagonistas en gran parte das súas obras.

O Concello de Coristanco xa contactara coa cabanesa anteriormente con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, onde xa expuxera un par de cadros sobre esa temática. Que volveran a ter en conta os seus traballos foi “un antes e un despois” para Carmen. “Realmente esto supón un cambio na miña vida; non contaba que me chamaran co fin de ser un exemplo para as persoas que padecen esta doenza”, afirma.

Nun dez cadros reflexa diferentes vivencias e recordos. Todos van acompañados dun texto breve que alude aos seus sentimentos e pensamentos. Un veleiro referente á ría de Cabana de Bergantiños que pode ver dende a súa casa; unha xirafa, como reflexo do seu amor polos animais e como esperanza de poder visitar Kenia, ou as amapolas como elemento de alegría, son algúns dos traballos.

A inauguración, no edificio de Servizos Múltiples, contou cunha asistencia de arredor de 20 persoas. Nun primeiro momento mostrouse un vídeo recopilatorio da súa vida e posteriormente pasouse á aula onde está a exposición. “Estou moi contenta porque xa hai algunha persoa intersada nalgún dos cadros”, conta. Todos os que queiran pasar a vela poderano facer ata o vindeiro venres en horario de 09:00 a 15:00 horas.

Con este proxecto, o Concello coristanqués segue a liña argumental do proxecto “Reflexións en voz alta” iniciado en febreiro de 2020 co obxectivo de crear un espazo de encontro no rural para a creación e difusión da arte dende unha perspectiva humana da man dos diferentes autores que protagonizan estas xornadas.

12 abr 2021 / 11:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.