Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Teatro comunitario para darlle voz ás mulleres

BERGANTIÑOS. A compañía Aantena, co patrocinio da Deputación coruñesa, impulsou As voces das mulleres, proxecto de teatro comunitario para traballar con mulleres en espazos rurais co obxectivo de xerar dramatizacións sobre os seus oficios e as tradicións do lugar e crear un vieiro cultural nos seus municipios.

As intervencións realizaranse nos municipios de Malpica, Coristanco e Ponteceso (na aldea do Couto) a partir desta semana e rematarán a finais de marzo.

Así, a actividade arrincará estes días cun obradoiro de recollida como proceso de investigación, no que participarán unha antropóloga e unha educadora social. Despois desenvolverán un obradoiro de creación de escenas para deseñar como evento final un roteiro cultural dramatizado en diferentes espazos de cada pobo. Para un achegamento aos escolares, estes roteiros seran representados para os centros de Primaria de cada concello.

A presentación do programa tivo lugar este pasado domingo na Fundación Eduardo Pondal,no lugar do Couto (Ponteceso).

No acto participaron Bernardino Martínez Castiñeira e Xosé Leis Martínez, de Aantena; Xosé María Varela, da Asociación Cultural Monte Branco; Clarisa Couto, concelleira de Servizos Sociais, Cultura de Coristanco, e Mónica Cancela, técnica do departamento de Cultura. M. Lavandeira

10 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.