Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Teatro con salitre en Caión

A vila larachesa de Caión estreará a próxima semana o seu primeiro ciclo de teatro que se desenvolverá nas instalacións do centro sociocomunitario baixo a título Teatro con salitre. O programa constará de tres funcións que terán lugar nos próximos tres venres, sempre a partir das 21.00 horas e con entrada gratuíta para o público, segundo informa o alcalde, José Manuel López. O venres 11 ábrese o pano con Asinaria, unha versión da comedia clásica de Plauto a cargo de Corzo Producciones e dirixida ao público adulto e adolescente (maiores de 14 anos de idade). O venres 18 será a quenda para Crime desorganizado, da Agrupación Teatral Mariñán. Trátase dunha comedia policiaca na que se investiga un asasinato cun desenlace irónico e inesperado.

O ciclo pecharase o venres 25 con Operación coroa, da Asociación Cultural Faíscas, comedia na que un grupo de mulleres aproveitan a visita da raíña de Inglaterra para dar un golpe que remate coa súa precaria situación económica.

Do mesmo xeito que na Laracha cos Venres Teatrais do mes de novembro e en Paiosaco coa Primavera Teatral de abril, o Concello aposta pola organización deste novo ciclo en Caión durante o mes de marzo para achegar á cidadanía as artes escénicas. A recente apertura do centro sociocomunitario permite a organización na vila deste tipo de iniciativas culturais ao dispoñer dos espazos e equipamentos necesarios.

06 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.