Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Terceiro ataque vandálico á área canina municipal da Laracha

Desta vez roubaron a porta e parte do peche perimetral // En Caión levaron tamén dúas ancoraxes de colectores do lixo // O Concello estudará medidas para previr estas acción

O Concello da Laracha denuncia que na noite do xoves se produciron sendos roubos en equipamentos municipais situados na capital municipal e na parroquia de Caión.

Na localidade costeira detectáronse que dúas ancoraxes de colectores de residuos sólidos urbanos foron desmontadas e roubadas. Unha delas foi xunto á praia das Salseiras e, a outra, no lugar do Campo da Costa. Así mesmo, a área canina sufriu por terceira vez en poucos meses un acto vandálico co resultado da desaparición de parte do peche perimetral e da porta de acceso a este equipamento público.

Ademais da investigación que está a levar a cabo a Policía Local para tratar de dar cos responsables destes actos e de solicitar a colaboración cidadá, o Concello está a estudar as medidas de seguridade oportunas a levar a cabo para protexer os equipamentos públicos e evitar accións destas características que perturban a tranquilidade dos veciños do termo municipal.

22 abr 2022 / 20:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.