Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 24 septiembre 2021
17:34
h

Terra Galega solicita a documentación do plan especial do núcleo de Pedra do Sal

O portavoz de Terra Galega en Carballo, Andrés Eirís, amosou “o malestar” do seu grupo co goberno do BNG, pois asegura que a reunión cos grupos da oposición para presentar o documento do plan especial de Pedra do Sal foi “unha pseudopresentación, porque non a fixo o equipo redactor, o estudo Monteaoliva, se non que a realizou o técnico municipal, e non explicou o documento, dou pinceladas inconexas do mesmo”. Ademais, asegura que non lles facilitaron a documentación.

O argumento do alcalde, engade, “foi que pesaba moito dita documentación”, polo que o seu grupo de Tega considera que “fomos ao acto a perder o tempo e expresámoslle ao rexedor e á concelleira de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación que foi un paripé para despois dicir que presentaran aos grupos da oposición o documento”.

Asemade, desde TeGa pediron que se fixesen reunións cos veciños e veciñas do núcleo de Pedra do Sal.

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.