Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 18 agosto 2022
03:03
h

Tres andainas de primavera por espazos naturais da Costa da Morte

A Laracha. O Concello da Laracha abrirá o luns a inscrición para participar no programa Andainas na Primavera, que inclúe tres rutas por espazos naturais de Costa da Morte co propósito de ofrecer á cidadanía unha alternativa de aproveitamento do tempo libre e ó mesmo tempo potenciar estilos de vida saudables.

A primeira será a Ruta da Auga polo municipio de Zas o día 24 de abril. O fío condutor sempre será a auga e os participantes poderán desfrutar coñecendo varios muíños e fervenzas, como as de Budián, Parga e O Rabiñoso. A saída do bus será desde a Praza do Concello ás 09.30 horas.

O domingo 8 de maio será a quenda para a ruta Sendeiro Laxe-Traba, a carón do mar e bordeando a costa de Laxe, Soesto e Traba. O bus sairá tamén ás 09.30 horas. O programa pecharase o domingo 22 de maio cunha ruta entre Caión e Baldaio. Tras a saída do autobús desde a Praza do Concello ás 10.00, percorreranse o paseo marítimo e o Sendeiro de Saldoiro para chegar á praia da Arnela e rematar na Pedra do Sal.

As actividades van dirixidas en exclusiva a persoas empadroadas na Laracha. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse desde o luns na casa consistorial ou chamando ao 981 605 001. M. L.

17 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.