Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tres andainas guiadas polas terras larachesas

A primeira será o domingo 24 de outubro con O sentir de Soandres. Nesta ruta de case 16 quilómetros de distancia e que parte do mosteiro de San Pedro, coñecerase a riqueza arqueolóxica da parroquia visitando o dolmen do Forno dos Mouros, a Pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira e diferentes penedos graníticos de gran tamaño. O domingo seguinte (31 de outubro) será a quenda para a Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. Algo máis de 12 quilómetros que percorre os antigos camiños de peregrinación, desde a Praza do Concello ata o Santuario de Nosa Señora dos Milagres, e remata na praza Eduardo Vila Fano de Caión. A última será o 28 de novembro, cunha adaptación da ruta 360º A Laracha duns 10 quilómetros desde a capital municipal ata o miradoiro de Santa Marta.A LARACHA. O Concello pon en marcha un novo programa de andainas guiadas dirixido a todos os públicos e no que se realizarán tres das rutas do proxecto A Laracha Activa. Todas elas son de dificultade media-alta.

A primeira será o domingo 24 de outubro con O sentir de Soandres. Nesta ruta de case 16 quilómetros de distancia e que parte do mosteiro de San Pedro, coñecerase a riqueza arqueolóxica da parroquia visitando o dolmen do Forno dos Mouros, a Pedra da Cabirta, as mámoas de Silvoso e do coto de Altamira e diferentes penedos graníticos de gran tamaño. O domingo seguinte (31 de outubro) será a quenda para a Ruta de Caión: Porta da Costa da Morte. Algo máis de 12 quilómetros que percorre os antigos camiños de peregrinación, desde a Praza do Concello ata o Santuario de Nosa Señora dos Milagres, e remata na praza Eduardo Vila Fano de Caión. A última será o 28 de novembro, cunha adaptación da ruta 360º A Laracha duns 10 quilómetros desde a capital municipal ata o miradoiro de Santa Marta.

En todos os casos a inscrición é gratuíta e requírese cubrir o correspondente formulario na web municipal www.alaracha.gal desde o día 14. O Concello porá a disposición dos participantes o transporte en autobús ata A Laracha para regresar tras rematar cada ruta e tamén para acudir ao punto de partida na primeira delas, que é a única que non comeza na capital municipal.

14 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.