Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tres días de Romaría dos Milagres na parroquia de Traba de Laxe

Unha das citas marcadas no calendario festivo da Costa da Morte cada verán é a da Romaría dos Milagres de Traba de Laxe, a onde cada ano se achegan milleiros de fieis da Virxe para presentarlle as súas ofrendas e tamén desfrutar das celebracións lúdicas.

Esta ano serán tres días de festa, que comezarán o sábado, día 27. A partir das 20.00 horas comezarán a soar as primeiras notas musicais coa Charanga O Santiaguiño, de Padrón, ao tempo que a polbeira Terra de Xallas comezará a distribuir tapas e racións para quenes desexen repoñer forzas para a primeira verbena, que estará amenizada pola disco móbil Infinity.

O domingo, día 28, será o día grande. As misas na honra da Virxe dos Milagres comezarán ás 9.00 horas e a solemne celebrarase a partir das 13.00 horas, na compaña do grupo de gaitas Maruxía. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra Principal, que actuará tamén na verbena xunto coa disco Impacto. A romaría chegará ao seu fin o luns, día 29, cunha misa solemne ás 13.00 horas, a actuación do grupo de gaitas My Way e unha sesión vermú larga amenizada polo Dúo Élite.

24 ago 2022 / 19:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.