Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tres loitadoras de Ponteceso compartiron experiencias no Día da Muller Rural

O Concello de Ponteceso conmemorou o Día Internacional da Muller Rural cun encontro na Campara no que tres veciñas do municipio relataron a súa experiencia vital e profesional. Participaron Patricia Gundín Garrido, autónoma e emprendedora; Isabel García García, que desempeña o seu traballo no sector da compra e venda de peixe; e Ana Dávila Durán do Bodegón O Labrego, de Corme, e con 23 anos de experiencia na hostalería. Todas elas cun nexo en común: proceden do ámbito rural.

Todas elas “son mulleres loitadoras e que desempeñan un papel fundamental na nosa sociedade, e neste día, quedou patente a gran labor das mulleres rurais”, afirman dende o Concello pontecesán. Ao rematar o acto, a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Atención ao Cidadán e Transparencia, Noelia Varela fixo entrega ás participantes dun diploma e un agasallo.

Entre os asistentes estaba tamén a concelleira de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño, e representantes da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, Fademur. Foi un un encontro con que o Concello quixo “homenaxear ás mulleres rurais visibilizando a súa gran labor e contribución na nosa sociedade”, conclúen.

18 oct 2021 / 19:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.