Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Trinta euros para o peto por mercar no pequeno comercio

Bastará con baixar unha aplicación móbil // A iniciativa beneficiará a uns 330.000 clientes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou aos representantes do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo da iniciativa para incentivar o consumo que arrincará a principios de maio e que ofrecerá descontos de trinta euros aos clientes á hora de facer as compras no pequeno comercio.

Animou aos membros da entidade a solicitar a adhesión ao Bono Activa Comercio, e destacou que “trátase dunha medida necesaria no contexto actual, onde os efectos da pandemia en sectores como o comercio teñen un enorme impacto e requiren da reacción inmediata das diferentes administracións públicas, así como de medidas de acompañamento”.

Esta iniciativa de dinamización“permitirá incrementar as vendas do comercio, á vez que os bonos de desconto outorgarán unha maior capacidade de compra aos consumidores”, engadiu. Os establecementos interesados poden sumarse á proposta xa desde o pasado quince de abril.

Este plan conta cun orzamento de 10 millóns de euros, dos que se poderán beneficiar ao redor de 330.000 clientes. Preténdese mobilizar uns 55 millóns para dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade de toda Galicia e contribuír, deste xeito, á súa reactivación.

Este bono funcionará a través dunha aplicación móbil ofrecendo descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30, así como descontos de 10 euros se son iguais ou superiores a 50 cun período de validez de tres meses desde o seu lanzamento, previsto para principios do vindeiro mes de maio.

Trenor animou aos membros do CCA de Carballo a sumarse ao plan de dinamizaciónte do plan de apoio ao comercio galego no que tamén se inclúen o bono para mellorar as instalacións eléctricas de Pemes e autónomos e as axudas para a substitución de electrodomésticos.

Ademais, lembrou que o CCA carballés recibiu unha achega de 33.000 euros dentro das axudas dirixidas a asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos e federacións para revitalizar a súa actividade. Iniciativas incluídas no plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego, que contará con 20 millóns en axudas para incentivar o consumo e apoiar a modernización do sector a través da dixitalización e o comercio en liña.

A Administración autonómica conta con outras actuacións, como o plan Renove Electrodomésticos, a través do que se investirán 3 millóns para que 20.000 fogares renoven os seus electrodomésticos e que os particulares xa poden solicitar, ou o Bono Enerxía Peme e Comercio, cuxo prazo de solicitude tamén está aberto, e que apoiará tanto a mellora como a renovación dos sistemas eléctricos, iluminación ou climatización para incrementar a eficiencia enerxética.

27 abr 2021 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.