Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un 25% da poboación do Eixo Atlántico está en risco de pobreza e exclusión

O grupo temático de política social do Eixo Atlántico reuniuse en Carballo para analizar as conclusións do estudo realizado para elaborar o Mapa de cohesión do sistema urbano, que xorde coa intención de medir o nivel de cohesión do territorio. Ten en conta que integra espazos de dous países, pero tamén a necesidade de iniciar un proceso de innovación transformadora dos servizos sociais e das políticas sociais deste amplo territorio ante os novos retos derivados da crise económica, a pandemia e a invasión de Ucraína.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, exerceu como anfitrión do encontro xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. Na mesa presidencial estiveron tamén o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o director do equipo de investigación, Roberto San Salvador, que foi o encargado de expoñer as conclusións do traballo realizado por un equipo mixto da Universidade de Deusto e do propio Eixo Atlántico.

Entre esas conclusións destaca o alto grao de cohesión da área transnacional e da calidade de vida das persoas que residen nela. Sen embargo, un 25% da poboación do Eixo Atlántico está en risco de pobreza e exclusión en maior ou menor grao, unha situación que se propón paliar cun aumento progresivo do gasto público en educación, saúde, servizos sociais e vivenda, e cunha resposta integral que inclúa medidas a curto, medio e longo prazo.

A xornada de traballo reuniu no salón de plenos da casa do concello a unha trintena de representantes dos concellos de Galicia e do norte de Portugal que forman parte do Eixo Atlántico.

28 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.