Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un aquelarre reivindicativo no cumio do Monte Neme

Carballo. As meigas preparan as súas basoiras para o Aquelarre na Eira das Meigas do Monte Neme, que se vai celebrar a partires das 22.00 horas do 17 de xuño no alto do balcón bergantiñá.

No acto participará o historiador carballés Xan M. Fraga Rodríguez, un gran coñecedor da historia recente de Bergantiños, autor dun bó número de publicacións relacionadas coa comarca en xeral e con Monte Neme e Carballo de xeito particular.

Tamén asistiráN Xan X. Fernández Carrera, presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns, a actriz Isabel Risco, as compoñentes da Escola do Alprende e músicos que, a nivel particular, estarán presentes na Ruada de música tradicional.

O quinto aquelarre celébrase grazas á colaboración de varias entidades como a AC San Campio de Cances, a AD Media ducia e a AV Protección Civil de Carballo. Estarán tamén presentes múltiples entidades de carácter ambiental, cultural e social para darlle un pulo importante ao acto. O obxectivo é poñer en valor o patrimonio immaterial de Monte Neme a través das súas lendas, “no que é un dos lugares con máis magnetismo da contorna e un dos poucos de Galicia onde a lenda sitúa aquelarres antigos”, afirman.

A lenda mantense vixente na poboación local nun lugar espectacular a nivel paisaxístico. Un balcón natural que leva o nome dunha deidade céltica, e que xuntou a veciños e veciñas das parroquias da redonda como Razo, Oza, Cances, Leiloio e Cambre.

Agora, denuncian, “o Monte Neme, símbolo das desfeitas, atópase cunha nova ameaza eólica a través dun proxecto dun parque que dilapidaría o que queda da fermosa paisaxe que se divisa dende esta balconada.

09 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.