Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un incendio queima parte dunha vivenda na parroquia cabanesa de Borneiro

Todo apunta a que o lume dun fogón de leña prendeu nun sofá e as lapas propagáronse por toda a pranta baixa // Non houbo que lamentar danos persoais

A planta baixa dunha casa prefabricada situada no lugar de Vilaseco, na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), ardeu na noite do venres e a planta superior resultou afectada polo fume. Todo apunta, segundo informaron os Bombeiros de Carballo, que o lume puido ser provocado por un fogón de leña, do que saltou unha faísca nun sofá e iso facilitou a propagación das lapas pola vivenda.

Un veciño do dono da casa foi quen, ao fío das oito e media da noite do venres, chamou ao 112 Galicia para informar do lume. Decontado, desde o 112 informouse aos Bombeiros de Carballo e ao GES de Ponteceso, que se desprazaron ao punto. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

Unha vez rematadas as tarefas de extinción, os Bombeiros procederon a ventilar o inmoble.

17 dic 2022 / 10:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.