Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valentín González avala o proxecto de Lois García Carballido para Ponteceso

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González, respaldou en Ponteceso o proxecto do candidato socialista á reelección como alcalde, Lois García Carballido, ao que definiu como un rexedor “supertraballador”, que dedica “os 365 días do ano para facer deste concello un mellor lugar para vivir”.

Subliñou ademais que ten demostrado ser “capaz de antepoñer a todo o seu papel de alcalde, dando a máxima implicación aínda sen soldo”. Ratificou “o total apoio do PSdeG en tódalas administracións” para permitir que siga desenvolvendo “o único proxecto sólido para o futuro de Ponteceso” nun acto no que tamén interveu o secretario provincial do PSdeG, Bernardo Fernández.

Pola súa banda, Lois García agradeceu o apoio do partido para a súa candidatura, que lle permitirá “continuar co proxecto a 10 anos para a modernización da localidade”. Salientou ademais o apoio institucional da Deputación “a través de 3 millóns de euros para culminar tres proxectos viarios fundamentais para a localidade: a ponte de Saborido, as sendas de Lestimoño e a humanización de Balarés”.

Aproveitou ademais a presenza de González Formoso para pedir o apoio da Deputación para a creación de espazos empresariais cun alugueiro asequible durante cinco anos no polígono empresarial de Tella, así como o impulso do turismo e da cidade deportiva de Corme.

12 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.