Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ENTREVISTA
Sonia Méndez; directora do festival de contenidos dixitais Carballo Interplay

“Vamos a facer un festival con todas as propostas para que calquera persoa poida desfrutalo dende a súa casa”

Sonia Méndez Alonso (Vigo, 1980) ten unha longa traxectoria no campo da interpretación, dirección, guión e produción audiovisual. Desde o 2014 idea e dirixe o Festival Carballo Interplay, promovido polo Concello de Carballo e considerado o primeiro festival de webseries e contidos dixitais de España. Como cada ano tería que celebrarse en primavera pero tivo que ser aprazada a causa da pandemia. Así, a séptima edición dará comezo mañá e prolongarase ata o sábado 21 de novembro.

Retrocedemos ao ano 2014. Como xurdiu a idea de crear o Festival Interplay?

O festival creouse tras un encontro co concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira. Por aquel momento estaba traballando nunha serie que se chamaba “Angélica e Roberta” e comentoume que estaba interesado en facer algún tipo de encontro audiovisual en Carballo. Así propuxen crear o primeiro festival de webseries estatal.

Cal é o propósito da celebración deste encontro?

Somos un festival de contidos dixitais e polo tanto o obxectivo é xerar espazos de comunicación e sinerxias entre creadores e o público. Nós traemos propostas que nos parecen interesantes para que a xente as coñeza e poida disfrutalas.

O Carballo Interplay foi o primeiro festival de webseries de España. Como definirías ese termo?

A palabra webserie considero que xa non está na onda. Fai anos tiña sentido porque eran series que se facían para webs. Agora mesmo todas as series que se emiten a través de plataformas sen ser a televisión convencional considéranse series dixitais.

Que cambios hai nesta edición con respecto ás anteriores?

O Carballo Interplay é un festival que se celebra cada ano no Auditorio e Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo pero debido á situación sanitaria e todas as restricións a novidade é que será 100 % online. Todo se poderá ver dende a casa pero hai algunhas actividades que terán a opcion de visualizarse posteriormente porque quedan gravadas e outras que só se poderán seguir en directo como son as proxeccións de series.

Ademais da competición de series dixitais na categoría de galego, estatal e internacional están os premios a proxectos de webseries en galego. En que consisten?

Un comité escolleu no seu momento a catro finalistas a este premio que terán que defender as súas propostas diante dun xurado, o que recibe o nome de “pitching”. O gañador terá unha dotación de 3.000 euros para a futura producción da serie. Isto é diferente da competición de series, das cales se proxectará un só capítulo. A maiores, os espectadores terán a posibilidade de velas enteiras a través de enlaces incorporados na nosa web.

En que vos baseades para escoller os membros do xurado?

Temos en conta a súa carreira profesional. Escollemos persoas de diferentes ámbitos da cultura relacionados co mundo de Internet ou co audiovisual que teñan un criterio para estar no xurado e decidir quen se leva os premios do Carballo Interplay.

Como directora, que esperas desta edición?

A pesar de como son as cousas e da situación conseguimos adaptarnos, somos de Internet. Vamos a facer un festival con todas as propostas para que calquera persoa poida desfrutalo dende a súa casa, así que espero que a xente se anime a vivir a experiencia con nós. Podemos chegar moito máis lonxe do que chegariamos estando nun auditorio xa que ese espazo ten unhas butacas determinadas e Internet é o mundo.

Programación da sétima edición do festival Carballo Interplay
Desenvolveranse múltiples actividades desde o mércores 18 ata o sábado 21 de novembro que calquera pesoa poderá seguir de forma online

MÉRCORES 18

21:00. Apertura do festival SÓ EN DIRECTO

22:00. Estrea de “Xan”, de Lucía Estévez. Webserie gañadora do pitching 2019 SÓ EN DIRECTO

XOVES 19

11:00. Mulleres nos videoxogos e eSports + Presentación de ‘Nerfeadas’, documental sobre o machismo nos videoxogos. Con Minia Monteagudo “Samku” e Marina Amores “Blissy”.

12:30. Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego. Con Miguel Silva Conde (Aquel-e).

16:30. En galego, en construción. Pitching de proxectos de webserie.

18:30. Encontro Podgalego. Con Isaac González (Podgalego), Iria Veiga (Sónica Cuántica, Burán), Carlos Pereiro (A gruta de Gizamaluke) e Té con Gotas.

20:00. Sección oficial. Bloque Galicia. SÓ EN DIRECTO

22:00. Estrea “Amnesia 3.0”, de Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin. Webserie gañadora do pitching 2019. SÓ EN DIRECTO

11:00. Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais. Con Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr). En colaboración con CREA, Asociación Galega de Proferionais da Dirección e da Realización.

12:30. Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla. Con Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay). En colaboración con Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema.

18:30. Sección oficial. Bloque internacional 1. SÓ EN DIRECTO

20:00. Sección oficial. Bloque estatal 1. SÓ EN DIRECTO

21:30. Estirando el chicle. Con Percebes y Grelos e Living Postureo.

23:00. Necroshow. Con Lorena Iglesias.

11:00. Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina. Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos).

12:30. Presentación Radio Primavera Sound con Marta Salicrú + Ciberlocutorio, podcast en directo con Anna Pacheco e Andrea Gumes. Convidado: Brays Efe.

17:00. Sección oficial. Bloque internacional 2 SÓ EN DIRECTO

18:30. Sección oficial. Bloque estatal 2 SÓ EN DIRECTO

20:00. Encontro con Verto.

22:00. Gala de clausura.

VENRES 20

11:00. Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais. Con Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr). En colaboración con CREA, Asociación Galega de Proferionais da Dirección e da Realización.

12:30. Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla. Con Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay). En colaboración con Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema.

18:30. Sección oficial. Bloque internacional 1. SÓ EN DIRECTO

20:00. Sección oficial. Bloque estatal 1. SÓ EN DIRECTO

21:30. Estirando el chicle. Con Percebes y Grelos e Living Postureo.

23:00. Necroshow. Con Lorena Iglesias.

SÁBAD0 21

11:00. Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina. Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos).

12:30. Presentación Radio Primavera Sound con Marta Salicrú + Ciberlocutorio, podcast en directo con Anna Pacheco e Andrea Gumes. Convidado: Brays Efe.

17:00. Sección oficial. Bloque internacional 2 SÓ EN DIRECTO

18:30. Sección oficial. Bloque estatal 2 SÓ EN DIRECTO

20:00. Encontro con Verto.

22:00. Gala de clausura.

17 nov 2020 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.