Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Veciños de Vilasantar desfrutaron da artesanía e a paisaxe da Costa da Morte

O Concello de Vilasantar recuperou as excursións para as persoas maiores de 60 anos, dentro da súa filosofía de dinamización da terceira idade na contorna rural. Tras dous anos de pandemia, nos que non se realizou esta actividade por precaución sanitaria, o Concello escolleu a Costa da Morte para reactivar o lecer para os veciños e veciñas maiores.

Os 80 vilasantareses e vilasantaresas visitaron a Olería Aparicio, en Buño, na que se traballa o barro de xeito artesanal, para presenciar a arte do mestre Aparicio. Trátase dun obradoiro con máis de medio século de experiencia no oficio, que se transmitiu de pais a fillos. A continuación, desprazáronse a Malpica, onde puideron pasear polas súas fermosas rúas bañadas polo ar do mar. Finalmente, tras comer no restaurante O’Esqueiro, viaxaron ata Laxe, a localidade que serviu de escenario á mítica serie Mareas Vivas.

A veciñanza de Vilasantar mostrouse entusiasmada pola recuperación destas excursións e por poder gozar dun día cheo de diversión, artesanía e xuntanza.

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.