Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vieiro disporá dunhas oficinas provisionais no vello centro da Cristina

Así o acordaron os directivos co alcalde nunha xuntanza tras o incendio da súa sede

Carballo. A asociación antidroga Vieiro, de Carballo, disporá provisionalmente dunhas oficinas no antigo centro de formación da Cristina, logo de que o domingo un incendio intencionado destruise a súa sede habitual.

Así o acordaron onte o alcalde, Evencio Ferrero, e os directivos do colectivo nunha xuntanza na que participaron tamén o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. Previamente visitaron a sede, ubicada nas antigas vivendas dos mestres, na rúa Vázquez de Parga, que quedou inhabitable polos efectos do lume.

Acompañados polos membros da xunta directiva de Vieiro, Fina Rey, Xosé María Arán e Pilar Mata, visitaron tamén o edificio do antigo ambulatorio, onde se barallou a posibilidade de acondicionar un espazo na planta baixa, aínda que a necesidade de realizar obras impediría a súa utilización a curto prazo.

Pola contra, o edificio da Cristina reúne xa as condicións necesarias para un uso inmediato, polo que se acordou a ocupación provisional da instalación á espera do acondicionamento da sede que se habilitará no antigo ambulatorio.

A Brigada de Obras colaborará con Vieiro no traslado esta mesma semana. J. M. R.

13 oct 2020 / 18:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.