Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vieiro inicia en institutos de Carballo o programa “Mar de Redes”

As sesións, de caracter semanal, tratan sobre as problemáticas dun mal uso de Internet e das novas tecnoloxías

Carballo. A asociación Vieiro iniciou nos IES de Carballo o proxecto “Mar de Redes” dentro da súa programación de prevención escolar, que vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

Segundo comunican dende Vieiro, este programa ten como obxectivo fomentar na poboación escolar o uso adecuado das TICs a través da toma de conciencia dos riscos do mal uso das novas tecnoloxías, dos posibles delitos, das súas consecuencias ou das formas de protexerse. Tamén pretenden previr do uso problemático de Internet, das redes sociais e doutras prácticas de risco asociadas a estas tecnoloxías como os videoxogos e as apostas.

“Mar de Redes” desenvolverase durante o segundo trimestre do actual curso escolar. As sesións teñen una periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.

Dende a directiva de Vieiro, agradecen a disposición dos entros, así como as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder impartir o programa nas aulas.

20 feb 2021 / 15:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.