Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vieiro retoma o programa Mar de Redes nos centros carballeses

A asociación pretende promover o uso correcto das TICs entre os adolescentes

Carballo. A asociación Vieiro continúa co seu programa Mar de Redes dentro da programación de prevención escolar entre o alumnado de educación secundaria de Carballo. O principal obxectivo é concienciar á xuventude sobre a importancia do bo uso das novas tecnoloxías e a prevención do xogo patolóxico

“Preténdese fomentar na poboación escolar o uso adecuado das TICs a través da toma de conciencia dos riscos do uso das novas tecnoloxías, de posibles delitos, das súas consecuencias ou das formas de protexerse, así como alertar sobre a utilización problemática de Internet, das redes sociais e outras prácticas como as apostas e o xogo online ”, explican dende a entidade.

A iniciativa levarase a cabo durante o terceiro trimestre do actual curso escolar. As sesións, impartidas pola pedadoga Dalila Vizcaíno, teñen unha periocidade semanal e unha duración aproximada de unha hora cada unha.

03 may 2021 / 10:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.