Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vinte empresas acoden á primeira feira galega do Mercado Social en Carballo

Celebrarase o domingo, día 12, na planta alta da praza de abastos

Carballo. En pleno proceso de transformación cara unha Europa máis ecolóxica, máis dixital e máis resilente, o Concello de Carballo aposta pola economía social como xeradora de oportunidades que permitan aproveitar o potencial do concello para desenvolver novos proxectos ligados á economía circular e a sustentabilidade. Ese é o obxectivo da I Feira do Mercado Social que se celebrará o domingo, día 12, na planta alta do Mercado Municipal.

“Temos que xerar oportunidade, emprego e riqueza, pero tamén debemos ser quen de conseguir que o territorio siga estando en bo estado dentro de cincuenta anos”, afirmou Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica, na presentación.

Será a primeira feira galega, e para levala a cabo contarán coa colaboración de REAS Galicia, a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia. Helena Sanmamede, no nome de REAS, agradeceu a aposta do Concello de Carballo pola economía social. Unha vintena de empresas e entidades de economía social exporán e venderán os seus produtos, e ademais haberá mesas de debate, música, actividades infantís... “É o formato convencional dunha feira, pero coa particularidade de que está enmarcada na economía social”, explicou Helena Sanmamede.

“O obxectivo da rede REAS é promover a economía social, cuxo fin último é a mellora da calidade de vida das persoas e do planeta, xerar un beneficio que reverta na sociedade e acadar un compromiso de sustentabilidade”, engadiu. O alcalde de Carballo, que pechou o acto, utilizou o título do espectáculo infantil, Utopía, para citar a Galeano e convidar á sociedade a “seguir traballando pola utopía”. Evencio Ferrero vinculou a Feira do Mercado Social ás nosas feiras tradicionais e animou á veciñanza a aproveitar o Nadal para facer “unha compra máis solidaria”.

10 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.