Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xornadas de fruticultura na EFA Fonteboa de Coristanco

O Centro de Promoción Rural - Efa Fonteboa, de Coristanco, acollerá os días 17, 18 e 19 de febreiro unhas xornadas de fruticultura, segundo informa o seu director, Luis García. Comezarán o xoves 17, de 10.00 a 14.00 horas, cunha conferencia sobre pequenas froiteiras a cargo de José Antonio Fragaira, e o venres, día 18, Javier Villaverde abordará as prácticas no castiñeiro (10.00 a 12.00 h.) e, de seguido, Manuel Crespo disertará sobre tratamentos, pragas e enfermidades froiteiras (12.00 a 14.00 h.). Pola tarde, de 16.00 a 19.00 h., Santiago Ramos explicará como se fan os enxertos en diversas especies, e o sábado, día 19, José Luis Vieites e Amancio Lavandeira dirixirán unha xornada práctica de poda.

As inscricións poden formarlizarse chamanado ao 981 733051 ou a través do enderezo de correo fonteboa@fonteboa.es. A cota é de 30 euros para o público en xeral, e de 20 € para os membros da Asociación Efa Fonteboa.

13 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.