Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xunta e Concello estudan habilitar dous polígonos agroforestais en Ponteceso

Ponteceso. A Xunta e o Concello de Ponteceso colaborarán na posta en valor de terras impulsando as ferramentas que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para esta finalidade. Así o acordaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde, Lois García, nun encontro de traballo, no que tamén participou a directora de Agader, Inés Santé.

O conselleiro animou ao rexedor a localizar no seu territorio municipal zonas para desenvolver dous posibles polígonos agroforestais. O alcalde amosou a súa vontade de colaborar nesta materia e interesouse pola posibilidade de identificar, para esta figura, áreas que non están incluídas en procesos de concentración parcelaria.

Outros asuntos tratados tiveron que ver coa prevención e defensa fronte os incendios forestais. Neste sentido, avaliouse a oportunidade de incluír terreos deste concello nalgún novo Perímetro de Alto Risco de Incendio (PARI), co fin de facilitar aos propietarios das parcelas a xestión da biomasa preto das súas vivendas. Nesta liña, o conselleiro e o rexedor acordaron que técnicos de Medio Rural se despracen a Ponteceso para analizar estas posibilidades sobre o terreo.

A maiores, o conselleiro trasladou que realizará unha visita á Fundación Eduardo Pondal co fin de explicar aos veciños interesados os contidos e o alcance da Lei de recuperación da terra e as súas vantaxes para mobilizar e poñer en valor terreos. M. L.

23 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.