Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

350 valgueses asistiron a Misa do Peregrino

VALGA. Uns 350 veciños de Valga asistiron esta tarde na Catedral de Santiago á Misa do Peregrino que pon o colofón á peregrinación polo Camiño Portugués emprendida o 9 de abril en Tui. Seis autobuses fletados polo Concello trasladaron dende Valga a Compostela ao groso da expedición, incluídas a Coral Polifónica Santa Comba e a Banda de Música Municipal, mentras que outros asistentes optaron por desprazarse en vehículos privados. Todos se congregaron na Praza da Acibechería para acceder á Catedral. A misa estivo presidida polo bispo auxiliar, Monseñor Francisco José Prieto Fernández, e concelebrada polo chanceler secretario do Arzobispado de Santiago, don Elisardo Temperán Villaverde, con raíces en Valga. A cerimonia estivo cantada pola Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, na que foi a súa primeira actuación dende o comezo da pandemia. Durante a misa, o alcalde, José María Bello Maneiro, foi o encargado de realizar a ofrenda. arca

05 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.