Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A charla de Morris e a mostra de Tono Arias abren o Panic

Goldar anuncia a suspensión do maratón de cine de terror e dos pases de películas polas novas restricións sanitarias impostas

Cunha charla do actor Morris e a apetura da exposición de fotografia de Tono Arias, hoxe inaugurase oficialmente na Estrada o festival de terror Panic, que este ano por mor da COVID tivo que suspender, alomenos de momento, o maratón de cine, que se ía a celebrar o sábado en Minicines Central, e tamén as películas previstas para o 30 de xaneiro e o 6 do mes de febreiro.

Así o adiantou onte na presentación a concelleira Amalia Goldar, que deu a coñecer a Expo Panic nunha rolda de prensa na que participaron Tono Arias e Pedro Pérez. “É un modo de botar unha ollada atrás e facer memoria ao longo destes oito anos”, dixo Goldar ao referirse a mostra fotográfica do evento.

A concelleira estradense xustificou a suspensión do maratón de cine de terror e dos pases de películas polas novas restriccións impostas polas autoridades sanitarias que entran en vigor, precisamente, hoxe venres.

Segundo explicou a concelleira, onte quedaban pouco máis de dez entradas para a charla de Morris, invitacións que poden retirarse no departamento municipal de Cultura. Os responsables municipais lembran que as persoas que participen do evento teñen que acudir con tempo ao teatro Principal para facilitar a entrada ao recinto.

O evento adianta en dez minutos o seu comenzo para que remate antes das dez da noite, e a xente poida recollerse antes do toque de queda decretado pola Xunta para esa hora.

EXPOSICIÓN. Antes da charla, o propio actor, acompañado por lo concelleiro de Cultura, Juan Constenla e o autor das fotografías, Tono Arias, inaugurarán, as 20.30 horas, a exposición sobre o Panic.

Todos os que queiran visitala poderán facelo a partir das 20.00 horas. A mostra abrirá as súas portas tamén o venres 22 e día 29 de xaneiro a partir das 20.00 horas.

Goldar avanzou, ademais, que xa se poden recoller, tamén no concello, as entradas para as actuacións de Manuel Marquiña e Manuel Loureiro. A hora dos dous eventos adiántase as 20.30 horas tamén para que a xente poda recollerse antes do toque de queda decretado, segundo informan.

15 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.