Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A detección de virus informáticos centra parte dos cursos e seminarios da Aula CeMIT de Valga

    Valga. A Aula CeMIT ten programadas para as vindeiras semanas varios seminarios e cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición. A detección de virus que poden danar os dispositivos, a aplicación Google Maps ou iniciación á informática son algunhas das cuestións e temáticas sobre as que tratarán estas actividades programadas.

    A primeira terá lugar o martes, día 18, en horario de tarde (17.00 horas) e será o seminario web Aprende a detectar de forma sinxela virus en mails e páxinas web. Nel aprenderase a detectar páxinas e mails que ofrecen pouca seguridade ou correos electrónicos poco fiables ou falsos. Na última semana de xaneiro, o martes día 25, impartirase un novo seminario: Google maps desde cero: Moito máis que un GPS.

    As persoas que estean interesadas en participar nestas actividades de balde poden inscribirse no concello (chamando ao 986 55 94 56) ou no auditorio municipal (986 55 67 69).

    Ademais, tamén está aberto o prazo de inscrición noutros dous cursos que se impartirán proximamente: Sácalle partido ao teu móbil e Iniciación á informática. As datas de celebración non están fixadas. s. e.

    15 ene 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.