Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada acolle o día 16 a andaina solidaria ‘Os camiños da memoria’

a estrada. A edil de Benestar Social da Estrada, Amalia Goldar, presentou este xoves a sexta edición da andaina solidaria Os camiños da memoria, organizada pola Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea) en colaboración co Concello, e que volverá acoller o día 16 de setembro despois de dous anos celebrándose en formato virtual por mor da pandemia. Durante a presentación do evento, a edil estivo acompañada da presidenta de Agadea, Isabel Gey; da coordinadora da asociación na Estrada, Sonia Castro; e do representante da asociación colaboradora SendeRuta, Toni Ibáñez. A andaina dará comezo o venres 16 de setembro, ás 19.30 horas na Praza do Novo Mercado. Alí haberá actividades organizadas pola asociación xuvenil Ocionautas e acompañamento musical a cargo do grupo de folk Regatos. s. e.

02 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.