Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 18 septiembre 2021
22:24
h

A Estrada recibe do Plan de Concellos 327.000 euros

A Estrada. A Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860 euros ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas que beneficiarán a dez municipios, Lalín e A Estrada, un diñeiro que destinan tanto a amortizacións, débedas e gastos correntes, como a cultura.

No apartado de amortizacións, pago de débedas e gastos correntes, a achega de maior contía será para A Estrada, que recibirá 327.508 euros para as tarefas de reforzo de limpeza e desinfección de espazos públicos. Pola súa banda, Lalín recibirá dúas achegas, de 13.720 e 3.780 euros para financiar o Campamento no Mar 2021 e un Curso de Poda e Enxertos. s. e.

16 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.